Fútbol Sala: Nova victoria en Lugo!!

 Chegamos ao pavillón Terra do Azkar de Lugo e fumos recibimos polo xerente e os adestradores do primer equipo do club cos que sacamos unha foto.












Ás 12h30 comenza o partido e o Morea presiona dende o principio e síntese cómodo no campo; así chega o primeiro gol do equipo ourensán que marcou Carlos.

Tras unha xogada pola banda e parede esquerda entre Carlos e Pablo, marca éste o segundo, e o terceiro tras unha bonita xogada de estratexia.



Hai boas sensacións xa que temos a posesión do balón e gozamos co xogo; así chegaron tres goles máis de Carlos y Martín.








Jesús rouba o balón e José Antonio pecha pases como nunca. Luis pola banda non hai quen o pare e o gardameta Amable non deixa que entre ningunha na portería barquense.



Rouba A Mariña o balón, tira a porta e marca un golazo o equipo lucense que deixa o marcador 6-1 no descanso.
Na segunda parte, Morea continúa dominando o encontro e Carlos marca o sétimo.
Saque dende o curruncho a favor de A Mariña que remata no segundo gol do equipo visitante. Dous goles máis do equipo valdeorrés despiden este encontro cun resultado moi favorecedor para o noso equipo: 9-2. Resultado que nos afianza no segundo posto do grupo norte da liga FEAFES Galicia.


  Noraboa ó Morea e a toda a súa afección!!!!

MOREA, MOREA, MOREA CAMPIÓN
E HOXE PARA CEAR CHIPIRÓNS!!!!!!
Fútbol Sala: EL CENTRO TERRA ACOGIÓ LA SEXTA JORNADA DE LA LIGA FEAFES GALICIA ENTRE MOREA O BARCO Y A MARIÑA BURELA


http://www.pronelugoad.com/cas/amplia.asp?id=6905


Fútbol Sala: Nova visita a Lugo

Hoxe voltamos a Lugo (pabellón Terra do Azkar ás 12h30) para enfrentarnos de novo Á Mariña de Burela!! O equipo xa está preparado para a viaxe e o adestrador Durán cree que podemos facer un gran partido!!! Qué opinades vos???




Partidazo no Calabagueiros: crónica do partido



 Son as 12 e comeza a chegar a afección ao pavillón de Calabagueiros. Os equipos están no vestuario preparándose para o encontro e a afección comeza a animar.


As 12.30 da comezo o partido. Morea xoga en equipo, pasa o balón e tras unha parede entre Pablo e Jesús, chega o golazo deste que pon o marcador ao noso favor.

A afección continúa animando ao Morea, hai bo ambiente na bancada. Morea domina o partido, move o balón e fai gozar a afección co seu xogo. Rouba Cambre o balón, tira a porta e gol. Empata Cambre pero Morea non se ven abaixo e pelexa ata conseguir o segundo gol do equipo valdeorrés, chicharrazo de Pablo.
Domina o encontro o Morea, agás que Cambre loita polo balón e consegue pór nervioso ao Morea.
Arrebátalle a pelota Cambre a Morea, e no contragolpe chega o segundo gol do equipo coruñés que deixa o encontro empatado a 2 chegando así ao descanso.
O adestrador do Morea, Durán, mantén a mesma estratexia de 3-1 para ataque e defensa na segunda parte. Morea, aínda controlando ao equipo contrario e posuíndo o balón a maior parte do partido, non tivo sorte. Cinco postes, dous foras a portería valeira e cinco paradas do gardarredes coruñés.

Un encontro cheo de oportunidades para o equipo local, e moi ben defendido polo equipo visitante que rematou cun empate que deixa a clasificación moi rifada.















Camisetas Namoréate!

Xa temos a camisetas de Namoréate! co exclusivo deseño de 
Podedes pasar a recollelas mañá pola tarde!


Fútbol Sala: Partido fronte a APEM Cambre






Lembrade que mañá ás 12h30, no pavillón de Calabagueiros, o equipo de fútbol sala de Morea O Barco disputará o seu primeiro partido de Liga en casa fronte a APEM Cambre. Necesitamos da nosa afición!! 

Gran Festas dos Maios 2012 en O Barco



No día 1 de maio celebrouse en O Barco, como xa ven sendo costume, o día dos maios. Nesta ocasión tivemos a oportunidade de participar cun maio enxebre deseñado e elaborado polos familiares da nosa asociación. O traballo foi  tan laborioso como divertido, con ganas de superar o acadado este ano. Ademais a organización galardonou o noso maio co 2º premio. Noraboa ós familiares polo seu traballo neste día, e polo seu apoio en cada un dos días do ano. Moitas gracias tamé á organización pola invitación e polo seu apoio na elaboración do maio.